22 jun 2011

II Milla Pedrosa Latas

O mércores, 22 de xuño, todo o colexio participamos na II Milla que organiza o CEIP Pedrosa Latas coa colaboración do centro ASPANANE
Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo animaron aos participantes do 2º e 3º ciclo, aos representantes de ASPANANE e tamén aos profesores e profesoras de ambos centros.
A organización desta proba deportiva foi excelente e tanto participantes na carreira coma os espectadores, que foron moitos, pasámolo estupendamente. Moitas gracias a todos os que fixeron posible que todo saíra tan ben.