O venres, 24 de setembro, a Comisión Bicentenario para conmemorar o afundimento da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo, invitou aos alumnos e profesores do colexio a visitar o patrulleiro Serviola.
Fumos camiñando ata o porto os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso.
Foi unha visita moi interesante, ensináronnos as diferentes partes do barco e pasámolo moi ben!