22 jun 2011

Comida e festa de FIN DE CURSO

Despois do esforzo realizado correndo na II Milla, a ANPA do colexio invitounos a unha comida especial de fin de curso. Que rico estaba todo!!!
E con esto rematos o curso aínda que para a tarde tamén nos teñen preparada unha gran festa con moitas sorpresas e actividades.

II Milla Pedrosa Latas

O mércores, 22 de xuño, todo o colexio participamos na II Milla que organiza o CEIP Pedrosa Latas coa colaboración do centro ASPANANE
Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo animaron aos participantes do 2º e 3º ciclo, aos representantes de ASPANANE e tamén aos profesores e profesoras de ambos centros.
A organización desta proba deportiva foi excelente e tanto participantes na carreira coma os espectadores, que foron moitos, pasámolo estupendamente. Moitas gracias a todos os que fixeron posible que todo saíra tan ben. 


Sesión de Teatro

Os alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro puxeron en escea a obra que estiron a preparar durante este curso; E por riba, o sol, do autor e director Vicente Míguez.
A sesión tivo lugar o martes, 21 de xuño no Centro socio-Cultural de Celeiro, Carlos Adrán Cambón (Casa do Forno).
Asistiron os alumnos e alumnas do colexio, as familias e moito público que aplaudiu aos actores e actrices polo ben que o fixeron.
A continuación pdemos ver as fotos da representación,



21 jun 2011

Sesión de Ciencia Divertida

Como actividade especial de fin de curso tivemos varias sesións de Ciencia Divertida para todos os ciclos.

20 jun 2011

Festa da actividade de PROA

O pasado luns, 13 de xuño, tivo lugar a festa de clausura do Programa PROA. Os participantes subimos ao monte San Roque e alí tivo lugar unha actividade de orientación.
Finalmente, fomos todos a Pizzburg a merendar. Pasámolo moi ben e queremos repetir!

Clausura actividades de coro e teatro

O venres, 17 de xuño, fixemos a festa de clausura das actividades extraescolares de coro e teatro. Fixemos unha sesión de fotos, unha merenda e finalmente a entrega de diplomas de participación a cargo do director do colexio, Antonio Ferreiro, do profesor do obradoiro de teatro, Vicente Míguez e da profesora de música, Marta Pérez.
.


13 jun 2011

Visitas do proxecto Voz Natura

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo fumos visitar as instalacións da Depuradora de Celeiro, un lavadoiro e unha fonte.
Estas visitas estaban programadas dentro do proxecto de Voz Natura para este curso e que estaba relacionado coa auga.

10 jun 2011

Celebramos o Día do Medio Ambiente

Na Bibliosoños tivemos unha charla e visualizamos na pantalla dixital os traballos que nos axudarán a comprender que é necesario coidar do noso Medio Ambiente.


No patio do colexio participamos no xogo de recoñecemento de follas e flores das árbores do noso cole. Pasámolo estupendamente!


7 jun 2011

Obradoiro de barro

Durante o curso moitos alumn@s de Infantil e do 1º ciclo participaron na actividade extraescolar de barro. Fixeron moitos traballos que agora están expostos na entrada do cole e así podemos velos todos.

6 jun 2011

Outras actividades

No mes de xuño fixemos outras actividades complementarias:

  • O venres, 3 de xuño, fumos a Burela a ver un partido do Campionato de Fútbol Sala Feminino

  • O sábado, 4 de xuño varias familis do cole participaron na Festa de Voz Natura

3º ciclo, excursión fin de curso

Os alumn@s do 3º ciclo viaxaron ata a zona de Ourense os días 1, 2 e 3 de xuño.
NESTE ENLACE PODEMOS VER AS FOTOS E VÍDEOS.

Infantil, excursión fin de curso en Burela

 
OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXEMOS UNHA VIAXE EN TREN A BURELA. FOI TODA UNHA EXPERIENCIA!!! FOMOS AO PARQUE, Á PRAIA, ELABORAMOS FIGURIÑAS DE BARRO QUE MOITAS NON CHEGARON MOI BEN OU NON CHEGARON E POR ISO UN DÍA DESTES LEVARÁN COLGANTES E FIGURIÑAS FEITOS NO COLE. PÁSAMOLO EN GRANDE E SEGURO QUE REPETIMOS O PRÓXIMO ANO.


1º ciclo, excursión fin de curso a Marcelle



27 may 2011

2º ciclo. Excursión Fin de Curso

O luns 23 de maio fumos de excursión á Granxa-Escola "CASA DO QUEIXO"


20 may 2011

Festa dos Maios no colexio

Este ano celebramos a Festa dos Maios o mércores, 18 de maio, fixémola no ximnasio porque  estaba a chover. Pasámolo moi ben !.
  • Os nen@s de 5º curso fixeron unha exposición do que se celebra nesta festa e tamén presentaron as distintas actuacións.
  • Todos os cursos bailaron unha muiñeira.
  • O coro do colexio cantou tres cancións
  • E para rematar bailamos todos xuntos
 Aquí podemos ver uns vídeos:









18 may 2011

O Coro no Conservatorio

O xoves, 12 de maio, actuamos no Conservatorio, Tivemos moito público que nos aplaudiu moito e nos deron moito ánimo. Quedaron encantados coa nosa actuación e nós tamén porque cantamos e tocamos moi a gusto.
Tamén fumos noticia na Voz de Galicia.




Letras Galegas

Hoxe, día 13 de maio, celebramos o día das Letras Galegas. Participamos todos os cursos:
  • 6º fixo a presentación do autor homenaxeado, LOIS PEREIRO, e tamén un recitado de fermosas poesías.
  • Os nenos e nenas de Infantil cantaron IMAXÍNATE.
  • 1º curso recitaron poesías de Rosalía de Castro, Que ben o fixeron¡
  • 2º curso dramatizaron O HOME DE PAPEL. Un traballo estupendo¡
  • 3º e 4º curso cantaron e escenificaron a canción de Mamá Cabra. IMOS BAILAR.
  • 5º curso fixo unha esposición sobre as Institucións Galegas e cantaron o himno galego.

30 abr 2011

Actividades para conmemorar o Día do Libro

Para Conmemorar este día tan importante todos os ciclos fixemos actividades nas aulas e tamén na Bibliosoños.



Fixemos dous libros, un de Infantil e outro de Primaria,
coas fichas dos libros que limos nas vacacións.



12 abr 2011

Saída ao Souto da Retorta


O luns, 11 de abril, todos os nenos e nenas do colexio xunto cos nosos profesores e profesoras, fumos ao Souto da Retorta.

7 abr 2011

Viaxe Cultural do 2º Ciclo

O venres, 1 de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria fixemos unha viaxe cultural pola Mariña, visitamos:

1 abr 2011

1º ciclo no Teatro Pastor Díaz

O venres, 1 de abril, os alumn@s do 1º ciclo foron ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver a obra de teatro "Contos no Ar", da compañía ARTESTUDIO.
Gustounos moito e pasámolo moi ben.

15 feb 2011

Viaxe Cultural do 3º ciclo, A Coruña

O venres, 17 de febreiro, os alumnos de 5º e 6º curso viaxaron hacia A Coruña para visitar os Museos Científicos: Domus, Planetario e o Acuarium.


6 feb 2011

Sesión de Monicreques para Infantil

O venres, 4 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Infantil fumos ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver a representación de: BAJO MI CAMA UNA ESTRELLA.

A compañía LA TIRITA DE TEATRO  é a autora da obra, a dirección é de Alberto Alfaro e os actores Paco Úbeda e Germán Scasco.

30 ene 2011

Todo sobre o Día da Paz


PICA NA IMAGE PARA VER ESTE BLOG ESPECIAL DO 
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA



20 ene 2011

Función de Teatro para escolares

O xoves, 20 de xaneiro de 2011, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso dos centros  asisten ao Teatro Pastor Díaz para ver a obra de teatro:  Sr. Mundo, dígame?.
A obra é un recital de poesía usando de fío condutor uns poemas que Paula Carballeira lle regalou á Factoría Teatro, baseándose en versos de Celso Emilio Ferreiro e Antonio García Teijeiro.

11 ene 2011

Teatro na Casa do Forno

O Venres, 7 de Xaneiro de 2011, ás 20:00 horas, o Grupo de Teatro "Colexio de Celeiro" fixo a representación da obra de Teatro PIRATAS DE CALIBRE, do autor e director Vicente Míguez Salgueiro.
O Centro Cultural de Celeiro "Carlos Adrán Cambón (Casa do Forno) foi o lugar elexido nesta ocasión e o público asistente tivo a oportunidade de disfrutar coa gran posta en escea e traballo deste grupo teatral.

7 ene 2011

Todo sobre o mes de Nadal

PICA NA IMAXE E ATOPARÁS TODO SOBRE O MES DE NADAL

12 nov 2010

SEMANA DA AUGA

Do 15 ao 19 de novembro celebramos no colexio a SENANA DA AUGA.

  







6 nov 2010

Festa do Magosto

O venres, 5 de novembro, pasámolo estupendamente na nosa festa do Magosto...





h



19 oct 2010

Escolas Viaxeiras en Soria



O martes, 19 de outubro, ás 09:00 h,  os alumnos e alumnas de 6 º curso  sairon para as Escolas  Viaxeiras  con destino en Soria, o luns 25 volven, . Boa Viaxe!





24 sept 2010

Visita ao "Serviola"

O venres, 24 de setembro, a Comisión Bicentenario para conmemorar o afundimento da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo, invitou aos alumnos e profesores do colexio a visitar o patrulleiro Serviola.
Fumos camiñando ata o porto os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso.
Foi unha visita moi interesante, ensináronnos as diferentes partes do barco e pasámolo moi ben!